Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo para a elaboración dunha...

Proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a

Publicación das bases reguladoras da convocatoria pública e do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de administrativo/a (Grupo C, Subgrupo C1).O prazo de presentación de instancias é de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña (BOP).Publicación Bases. BOP núm. 86 de 03/05/2024. Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 06/05/2024 e rematará o DÍA 10/05/2024, ambos incluídos.

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a.As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán de un prazo de TRES (3) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de admitidos.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non enmendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.Transcorrido o prazo de emenda, aprobarase pola Alcaldía a listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Na mesma Resolución na que se faga pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos constará a designación nominal do Tribunal.

Polo que o prazo de emendas é desde o DÍA 12/03/2025 ata o DÍA 14/03/2025, ambos INCLUÍDOS.

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a elaboración dunha listaxe de persoal funcionario interino para a cobertura temporal de postos de Administrativo/a.

Convocar a tódolos membros do tribunal para a sesión constitutiva e de BAREMACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o 25 DE MARZO DO 2025 ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.

Convocar as persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, que terá lugar o 3 DE ABRIL DO 2025 ÁS 12.00 HORAS, na segunda planta do PAZO DA CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo, A Coruña).

Descargas

Compartir: