Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias O Concello de Carballo convoca unha liña...

O Concello de Carballo convoca unha liña de axudas ás familias para facer fronte ao custo da luz

A Concellaría de Servizos Sociais convoca por cuarto ano consecutivo unha liña de axudas para que as familias que máis o precisen poidan facer fronte ao pago das súas facturas da luz. Poderán acceder ás axudas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que estean empadroadas no noso concello cunha antigüidade mínima de seis meses, e que cumpran, ademais, algún dos seguintes requisitos:

  • Ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade, como mínimo durante os tres meses anteriores á convocatoria das axudas.
  • Recibir osixenoterapia domiciliaria polo menos durante seis meses antes da convocatoria das axudas.
  • Recibir tratamento de diálise peritoneal domiciliaria polo menos durante seis meses antes da convocatoria das axudas.
A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. O prazo de solicitude está aberto durante 15 días naturais a partir do 30 de maio, incluído. 

As bases da convocatoria e o impreso de solicitude poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: