Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de 2 prazas de oficial tractorista....

Convocatoria de 2 prazas de oficial tractorista. Persoal funcionario de carreira. OEP 2022 ordinaria

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as bases xerais e bases específicas que regularán a convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de dous (2) prazas de oficial tractorista (grupo C, subgrupo C2), da escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo. Publicación DOG núm. 116 de 17/06/2024.

Publicación no Boletín Oficial do Estado núm. 158 de 01/07/2024. De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Prazo de presentación de instancias desde o martes 2 de xullo ata o martes 30 de xullo de 2024, ambos incluidos.

IMPORTANTE: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de persoas admitidas.BOP da Coruña núm. 179 do 18 de setembro de 2024. Polo que o prazo de emendas será DESDE O 19/09/2024 ATA O 02/10/2024, ambos incluídos.

Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura por persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, de DÚAS (2) PRAZAS DE OFICIAIS TRACTORISTA incluídas na OEP 2022 Ordinaria do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 35 do 20 de febreiro de 2025.

Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS da fase de concurso que terá lugar o 6 DE MARZO DO 2025 ÁS 9.30 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.
Convocar ás persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o 18 DE MARZO DO 2025 ÁS 12.00 HORAS no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, Carballo).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO. Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo que o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 10/03/2025 e rematará o DÍA 14/03/2025, ambos INCLUÍDOS.

O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. núm. 453/2025 do 14/02/2025 (BOP núm. 35 do 20/02/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o vindeiro 18 de marzo do 2025 ás 12.00 horas, no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).

Descargas

Compartir: