Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de traballador/a social (OEP...

Proceso selectivo de traballador/a social (OEP Extraordinaria)

Publicada a Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso-oposición, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de TRABALLADOR/A SOCIAL incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.

BOP da Coruña núm. 131 do 9 de xullo de 2024.

Convocar a todos os membros do tribunal para a VALORACIÓN DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO que terá lugar o vindeiro MÉRCORES 10 DE XULLO DO 2024, ÁS 10.00 HORAS, na Sala de Xuntas, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Convocar aos aspirantes para a realización do EXERCICIO TEÓRICO-PRÁCTICO DA FASE DE OPOSICIÓN o vindeiro MÉRCORES 31 DE XULLO, ÁS 11.00 HORAS, NO SALÓN DE PLENOS, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que de seguido se indican no ANEXO.

Segundo a Base Sexta da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da baremación de méritos da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.Polo tanto, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 15/07/2024 e rematará o DÍA 19/07/2024, ambos INCLUÍDOS.O tribunal recorda que segundo a Resolución da Alcaldía núm. 1822/2024 do 03/07/2024 (BOP núm. 131 do 09/07/2024) os aspirantes foron convocados para a realización do exercicio teórico-práctico da fase de oposición o vindeiro mércores 31 de xullo as 11.00 horas no Salón de Plenos, sito na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Descargas

Compartir: