Convocatoria de 3 prazas de subalterno/a-conserxe polo sistema de concurso-oposición
O Concello de Carballo convoca tres prazas de subalterno-conserxe. Persoal funcionario de carreira. OEP 2022 Ordinaria. Sistema concurso-oposición.
Publicación DOG núm. 168 de 02/09/2024.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
ATENCIÓN: calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.
Publicadas no Boletín oficial da provincia da Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as bases xerais e bases específicas que regularán a convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de subalterno/a-conserxe (agrupación profesional), da escala de Administración Xeral, subescala Subalternos, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.
Publicado anuncio da convocatoria no DOG Núm. 168 do 02/09/2024.
Publicado anuncio da convocatoria no BOE Núm. 223 do 14/09/2024.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). Polo tanto, o prazo de presentación de instancias é desde o DÍA 16/09/2024 ata o DÍA 11/10/2024, INCLUÍDOS.
ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerarase FÓRA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Procesos selectivos OEP 2022 Ordinaria. Subalterno - Conserxe (3 prazas). As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de persoas admitidas.BOP da Coruña núm. 30 do 13 de febreiro de 2025. Polo que o prazo de emendas será DESDE O 14/02/2025 ATA O 27/02/2025, ambos incluídos.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva.
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura por persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, de TRES (3) PRAZAS DE SUBALTERNO-CONSERXE incluídas na OEP 2022 Ordinaria do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 46 do 10 de marzo de 2025.
Convocar a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS da fase de concurso que terá lugar o 13 DE MARZO DO 2025 ÁS 9.30 HORAS na Sala de Xuntas da Casa do Concello de Carballo.
Convocar ás persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o 4 DE ABRIL DO 2025 ÁS 12.00 HORAS na segunda planta do PAZO DE CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.
Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo que o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 17/03/2025 ata o DÍA 21/03/2025, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 677/2025 do 04/03/2025 (BOP núm. 46 do 10/03/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o vindeiro 4 de abril do 2025 ás 12.00 horas na segunda planta do PAZO DA CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo, A Coruña).
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, unha vez resoltas as alegacións, o tribunal acorda publicar os resultados DEFINITIVOS da baremación de méritos da fase de concurso que son os que de seguido se indican no ANEXO. A resolución das reclamacións presentadas será notificada individualizadamente ás persoas aspirantes que as teñan formulado.
O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 677/2025 do 04/03/2025 (BOP núm. 46 do 10/03/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBA TEÓRICO-PRÁCTICA, que terá lugar o vindeiro 4 de abril do 2025 ás 12.00 horas na segunda planta do PAZO DA CULTURA (Rúa do Pan, s/n, Carballo, A Coruña).