Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Bases e convocatoria para a provisión...

Bases e convocatoria para a provisión dunha praza de docente de Cociña

O Concello de Carballo fai públicas as bases e a convocatoria para a provisión, en réxime laboral temporal, dunha praza de docente para impartir a acción formativa "Cociña" correspondente ao Plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024 e 2025.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), desde o mércores 27/11/2024 ata o martes 03/12/2024, ambos incluídos.

Descargas

Compartir: