Inicio Carballo ao día Hemeroteca O concello mantense por debaixo do 35% no...

MEDIO AMBIENTE

O concello mantense por debaixo do 35% no índice de impropios do colector amarelo

Mércores 17 de xaneiro do 2007

Para chegar a estas cifras, o Concello levou adiante varias accións tales como a de colocar adhesivos explicativos en todos estes colectores, realizar un importante investimento en reposición de colectores, tapas, pechaduras e tamén ao seu lavado e desinfección. Durante o pasado exercicio, e en colaboración coa empresa de recollida, realizouse unha campaña informativa sobre a forma de depositar os envases lixeiros no colector amerelo, que non ten horario de vertido e que non fai falla depositar os envases lixeiros en bolsa pechada, logo de detectar que había moita xente que tiña dificultades á hora de usar a porta pequena deste tipo de colector. O goberno de Carballo quere agradecer ás carballesas e aos carballeses o poder superar este reto que se propoñía o ano pasado e tentar rebaixar estes índices por debaixo dun 30%, sabendo que cunha cidadanía así de concienciada, esta nova meta tamén vai a ser superada.

Compartir: