Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aproba as bases da oferta de emprego...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

O Concello aproba as bases da oferta de emprego público 2005

Xoves 15 de setembro do 2005

Na Oferta de emprego público inclúe a cobertura en propiedade de varias prazas de funcionarios de carreira. Convócase unha praza de Técnico medio de Servizos económicos, pertencente ao grupo B e polo sistema de oposición por quenda libre; unha praza de Administrativo de administración xeral - pertencente ao grupo C, e a través da modalidade de concurso oposición e promoción interna - unha de Auxiliar administrativo, pertencente ao grupo D e a través do procedemento selectivo de oposición por quenda libre; e, por último, unha praza de Garda da Policía local, correspondente ao grupo D e tamén polo sistema de oposición e quenda libre.

A Xunta de Goberno local acordou convocar os procedementos de selección das catro prazas mediante a publicación das Bases xerais e específicas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no Diario Oficial de Galicia, e o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Subvención

Na Xunta de Goberno local tamén se decidiu solicitar unha subvención á Consellaría de Traballo - antes de Asuntos sociais, Emprego e Relacións laborais - para a prórroga da contratación do Técnico local de emprego. Na sesión do 15 de setembro, acordouse tamén aprobar a memoria do plan de acción para o emprego que desenvolverá este técnico.

Compartir: