Inicio Carballo ao día Hemeroteca A ludoteca municipal pechará durante...

OBRAS

A ludoteca municipal pechará durante máis dun mes por obras de accesibilidade

Martes 13 de febreiro do 2007

En concreto, os traballos a realizar na ludoteca municipal consistirán na construcción duns aseos adaptados, a colocación dunha rampa de acceso ao propio edificio e a instalación de barandillas como as que recentemente se puxeron na Casa do Concello. O orzamento da obra é de 50.000 euros e ésta complementa a outras melloras levadas a cabo recentemente no concello, como os de sinalética en edificios municipais.

Compartir: