Inicio Carballo ao día Hemeroteca Vicepresidencia invistirá preto de 170.000...

MAIORES

Vicepresidencia invistirá preto de 170.000 euros na mellora da residencia de maiores de Carballo

Venres 2 de marzo do 2007

Os traballos en materia de seguridade da residencia consistirán na revisión e posta a punto da centraliña contra lumes e da instalación completa da detección. No tocante á habitabilidade e accesibilidade das instalacións, Vicepresidencia adaptará e mellorará os baños dos dormitorios e das zonas comúns, ampliarase e adaptarase o ascensor, instalarase un novo sistema de extracción de fumes de cociña, reformarase e ampliarase a zona de estar do andar baixo, incluiranse divisións móbiles no salón de actos, conectarase a residencia co centro social a través do primeiro andar, reformaranse diversos espazos do centro social e solucionaranse os problemas de elevadas tempraturas nos corredores. As obras enmárcanse no Plan integra de Mellos de Centros Residenciais, co que Vicepresidencia pretende mellorar os centros de atención residencial de titularidade autonómica en Galicia, das súas instalacións e dos servizos prestados. O secretario xeral de Vicepresindencia, Antón Losada, e a delegada provincial, Tereixa Novo, indicaron que a idea de ampliación da residencia suporá a creación dun segundo módulo para asistidos, á vez que manifestaron que é un dos proxectos a inculir nos orzamentos de Vicepresidencia para 2008. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, espera que "o traballo administrativo culmine canto antes para facer a proposta da futura ampliación. Nestes anos déronse pasos importantes para marcar unha nova tendencia nos servizos sociais".

Compartir: