Inicio Carballo ao día Hemeroteca Manuel Facal presentou a escultura a colocar na...

ARTE

Manuel Facal presentou a escultura a colocar na rotonda do polígono industrial

Venres 9 de marzo do 2007

Manuel Facal fixo tres bocetos distintos e ao final, polo custe dos materiais, decantouse polo Escalo, que se fixo con material de desguace. Desde o pasado mes de outubro, Manel Facal comenzou a empezar e organizar a obra nos talleres López, sitos no Polígono Industrial de Bértoa. En decembro realizáronse as soldaduras das pezas máis pequenas e fíxose un despiece da cola do peixe en autocad para recortar a escala. No mes de xaneiro empezaron a soldar as planchas de aceiro inoxidable que conforman a cola e, neste mes, procederase a urbanizar a rotonda e a colocar a escultura na súa posición vertical final. O Escalo garda similitude coa escultura ubicada na rotonda de Ponte da Pedra, un feito que para Manuel Facal "é positivo, xa que unha obra axuda a outra e crea un diálogo entre ambas. Ten unha forma moi simple, moi primitiva, é unha especie de obelisco fácil de visualizar e, relativamente, de realizar. Trátase de personalizar e dar identidade a Carballo cun símbolo e facer así unha porta aberta á localidade". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, salientou "o compromiso de Manuel Facal con todos os carballeses e veciños da Costa da Morte por esta nova donación, altruista, e que volve a demostrar a súa actuación de xeito desinteresado".

Compartir: