Inicio Carballo ao día Hemeroteca Música e teatro, oferta cultural do...

CULTURA

Música e teatro, oferta cultural do Concello para esta semana

Luns 12 de marzo do 2007

Espido é a beleza do sinxelo, a fusión melódico-harmónica de dous músicos compoñentes do grupo Berrogüetto. Unha mestura de creatividade que, como o seu nome suxire, íspese de abeloiros dando forma a temas de composición propia, xunto a outras adaptacións tradicionais. O prezo da entrada para acudir ao concerto é de 3 euros, sendo o precio especial con desconto de 2 euros. Polo que respecta a Contos Troianos, trátase dunha versión da guerra de Troia adaptada polo director da compañía, Manuel Lourenzo. A actuación forma parte da colaboración entre o Concello de Carballo e a Deputación da Coruña. O prezo da entrada para asistir a esta representación é de 2,5 euros, sendo o prezo reducido de 2 euros. Pódense reservar as entradas, en ambos casos, no teléfono 981704300 ou na Concellería de Cultura, no Pazo da Cultura.

Compartir: