Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita unha subvención para a...

EMPREGO

O Concello solicita unha subvención para a contratación de traballadores desempregados

Martes 20 de marzo do 2007

Os programas de cooperación tratan de dar un enfoque global ás liñas de fomento do emprego público ou institucional, desde a dobre perspectiva de dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural e de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas que participen neles, en coherencia co segundo grande obxectivo fixado para o novo modelo de Servizo Público de Emprego, cal é a mellora das posibilidades de colocación das persoas desempregadas. A proposta do Concello de Carballo recolle dous traballadores para perfilería de aluminio na Casa dos Oficios, un para a organización dos expedientes de subvencións e convenios, dous para o cerramento exterior de naves na Casa dos Oficios, un para a xestión do catálogo laboral, un para a xestión do inventario municipal, un para técnico de medio ambiente, tres para un programa lúdico para a infancia, un para un programa de difusión artística e plástica, un para aulas informáticas municipais, un para a Ludoteca, un para o servizo de atención ao público no Museo de Bergantiños, un para a creación da Fonoteca Municipal, un para o programa de animación á lectura, un para o Centro de Información á Muller, un de apoio administrativo á Oficina Técnica Municipal, cinco para a Brigada de Medio Ambiente e cinco para a supresión de barreiras arquitectónicas.

Compartir: