Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello programa unha xornada de...

MEDIO AMBIENTE

O Concello programa unha xornada de localización e recollida de vertedoiros incontrolados

Mércores 21 de marzo do 2007

A xornada do sábado comezará ás 09,00 horas, cunha reunión diante da Praza do Concello para a organización dos grupos. ás 09,30 horas sairán da orde de 25 vehículos, equipados con remolques, para a localización e recollida, dos que se poda, deses vertedoiros incontrolados. Ás 14,00 horas haberá unha concentración no polígono de Bértoa para, ás 14,30 horas, trasladar o lixo ao Punto Limpo do Concello. Ás 15,00 horas, e como peche da xornada, haberá unha comida e unha charla coloquio sobre o uso dos todoterreo nas zonas rurais, que se prolongará até as 18,00 horas. Nesta charla participarán o Concello de Catrballo o Clube Remontes 4x4, exoloxistas de ADEGA, a Asociación de Turismo Rural da Costa da Morte, Medio Ambiente, SEPRONA, a da Asociación de Usuarios del Todoterreno, prensa especializada econcesionarios do sector do 4x4. O concelleiro de Medio Ambiente do Conello de Carballo, Manuel Pan, manifestou na presentación da actividade que "estamos seguros de que os vertedoiros localizados van ser menos que hai tres anos. Hai que destacar, agora mesmo, que tanto os servizos de recollida, a Brigada de Medio Ambiente e os propios veciños están a denunciar estes vertidos". Tito Vázquez, da Asociación de Usuarios del Todoterreno, engadiu que "como novidade, esta segunda vez que realizamos esta actividade imos a incorporar remolques para proceder á recollida do lixo que se poda facer xa sobre o terreo". Manuel Doldán, do Clube Remontes 4x4, manifestou que "nestes últimos anos, en relación á primeira vez que se fixo esta iniciativa, notamos bastante melloría no concello". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, dixo que "estamos a facer un balance altamente satisfactorio neste sentido. É preciso avaliar e determinar o traballo e esperemos que ao final da xornada se saquen conclusións e se vexa renovado ese compromiso deste Concello con Carballo Limpo e o medio ambiente".

Compartir: