Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xabier Díaz e Talía Teatro,...

CULTURA

Xabier Díaz e Talía Teatro, propostas culturais para esta fin de semana

Venres 23 de marzo do 2007

Xabier Díaz ofrecerá un poemario sonoro cun feixe de salgadas cancións, algunhas con textos propios e outras de diferentes autores galegos musicados xunto con Guillermo Fernández. O prezo da entrada para acudir ao concerto é de 3 euros, sendo o precio especial con desconto de 2 euros.

Teatro

O domingo, 25 de marzo, e dentro do ciclo Teatro en Familia, a compañía ceenseTalía Teatro representará O merlo branco, unha obra recomendada a partir dos 6 anos. Trátase dunha fermosa e tenra historia sobre a tolerancia e a integración, que se poderá ver no Pazo da Cultura a partir das 18,00 horas. O prezo da entrada para asistir a esta representación é de 2,5 euros, sendo o prezo reducido de 2 euros. Pódense reservar as entradas, en ambos casos, no teléfono 981704300 ou na Concellería de Cultura, no Pazo da Cultura.

Compartir: