Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa ‘A Culturaeduca’ achega a...

ENSINO

O programa ‘A Culturaeduca’ achega a exposición ‘A través das enerxías’ ao Pazo da Cultura

Luns 26 de marzo do 2007

A través das enerxías é unha exposición didáctica e participativa sobre a enerxía e os seus diferentes tipos e está dirixida ao alumnado de Educación Primaria e Secundaria. A mostra plantéxase os obxectivos de mellorar a comprensión sobre a importancia dos recursos enerxéticos, crear a necesidade de incrementar o uso das fontes renovables de enerxía e concienciar sobre os factores económicos e medio ambientais derivados do consumo. A través das enerxías versa sobre a enerxía e os aspectos técnicos que rodean ás diferentes fontes enerxéticas a á súa transformación. Partindo dunha ollada histórica chegaremos á súa situación actual e veremos os diferentes tipos existentes e o seu rendemento, aproveitamento e aforro.

Compartir: