Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellería de Traballo aproba a oferta...

EMPREGO

A Consellería de Traballo aproba a oferta formativa solicitada polo Centro Municipal de Formación

Luns 26 de marzo do 2007

As especialidades coas que contará o Centro Municipal de Formación de Carballo son Soldador de Estruturas Metálicas Lixeiras, Chapista -Pintor de Vehículos, Electricista Industrial, Electricista de Edificios e Maquinista de Confección Industrial. Para obter máis información sobre a programación prevista para o ano 2007, os interesados poden chamar ao teléfono do Centro Municipal de Formación 981 755 211 ou achegarse á Avda. da Cristina, s/n en Carballo, en horario de mañá (8:30 a 14:30) e de tarde (martes 15:30 a 18:30).

Compartir: