Inicio Carballo ao día Hemeroteca Fina Casalderrey e 'Os libros arden...

CULTURA

Fina Casalderrey e 'Os libros arden mal', Premios Irmandade do Libro

Martes 27 de marzo do 2007

No resto de categorías os premiados foron, como Obra Editorial do Ano, O feísmo, de Difusora das Letras, Artes e Ideas, como Institución o Centro Ramón Piñeiro, como Medios de Comunicación e Novas Tecnoloxías, a Biblioteca Virtual (BIVIR), da Asociación de Tradutores/as Galegos/as, como Centros de Ensino, o CEP Marcos da Portela, de Monteporreiro, Pontevedra, e como Librarías, Ler Librarías, de Santa Comba.
No acto interviron, ademais de todos/as os/as gañadores/as, Manolo Rivas, que o fixo por partida dobre, que salientou o baixo índice de lectura no noso país e que reivindicou a necesidade de potenciar a lectura en galego. Rivas cualificou o libro como "a nación portátil". O presidente da Federación de Libreiros, Xaime Corral, salientou a importancia da recentemente aprobada por unanimidade Lei do libro e a lectura, promovida pola Consellería de Cultura e redactada tendo en conta as demandas do sector. Nela recoñécese o libro como elemento identificador de Galiza e saliéntase o carácter estratéxico e prioritario do sector do libro pola súa importancia cultural, social e económica e como instrumento de normalización lingüística; como garante do dereito á creación, á promoción e á divulgación da cultura, a historia e a lingua de Galiza.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou que "o libro debe ser unha obriga na acción de goberno, e debe ser ademais unha acción transversal que transcende do ámbito exclusivamente cultural, pois implica ao comercio, á normalización lingüística, á educación, ao benestar social... E así o entendemos desde o goberno de Carballo"; cualificou as librarías como "as mellores e maiores difusoras do libro e a lectura", e como "grandes dinamizadores culturais permanentes das vilas e cidades. Son un ben social. Son totalmente necesarias. E é responsabilidades de todas e de todos traballar, loitar, reclamar, impulsar e colaborar para o seu mantemento". Agradeceulles aos libreiros o seu traballo, pois "quen fai libros, fai país; quen edita libros, fai país; e quen vende libros, fai país". O acto tamén serviu para reivindicar a figura de Xesús San Luís Romero, arredor do que en Carballo está nacendo un movemento para solicitar que se lle dedique o Día das Letras Galegas.

Compartir: