Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación municipal aproba o Orzamento...

SESIÓN PLENARIA

A corporación municipal aproba o Orzamento Xeral para 2007

Martes 27 de marzo do 2007

En canto ás inversións, destacan as partidas de 960.000 euros para a compra de terreos, 687.656,41 euros para o plan de obras e servizos, 644.495,07 euros para actuacións medioambientais do plan Agader, 500.000 euros do Centro de Formación, 350.000 euros para a Escola Infantil e 270.000 euros para infraestructura viaria. Ademáis, recóllense outras partidas destinadas ao edificio do polígono industrial, á revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, inversións en instalacións deportivas, inversións en colexios, eliminación de barreiras arquitectónicas e saneamento e abastecemento de auga, entre outras. O documento presenta un incremento presupostario dun 42% en relación ao ano 2003.
Na sesión plenaria foron aprobados, tamén, o recoñecemento extraxudicial de créditos do Concello e do Padroado Deportivo Municipal, a liquidación do Orzamento do Concelllo e do Padroado Deportivo Municipal de 2006 e a modificación do Plan de Emprego Municipal Carballo Activa.

Compartir: