Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza unha xornada sobre o presente...

COMERCIO

O Concello organiza unha xornada sobre o presente e futuro dos mercados e o comercio

Xoves 29 de marzo do 2007

A primeira das charlas, ás 19,15 horas, versará sobre o Plan de modernización dos Mercados Municipais Minoristas de Galicia e correrá a cargo de Xosé Manuel Fernández, subdirector xeral de Comercio da Xunta de Galicia. A segunda ponencia comezará ás 20,00 horas, na que Roberto Alonso, xefe da Área de Mercados Minoristas de MERCASA analizará as Claves que determinan o futuro máis inmediato do Mecado Municipal de Carballo. Ás 20,45 horas comezará a terceira das ponencias, na que Víctor Martín, profesor da Universidade Complutense de Madrid, falará do Papel do Urbanismo Comercial na revitalización das nosas cidades. Delmiro Hermida, xerente do Mercado Municipal de Travesas, falará ás 21,15 horas das Experiencias prácticas de remodelación de Mercados Municipais no ámbito de Galicia. Á mesma hora, e de forma conxunta, Yolanda Domínguez, técnica da área de Mercados Minoristas da E.N. MERCASA, exporá Un proxecto de futuro, a Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, Pontevedra. O acto de clausura das xornadas correrá a cargo de Ana Rúa e Evencio Ferrero.

Compartir: