Inicio Carballo ao día Hemeroteca Presentadas as I Xornadas de Informática e...

ENSINO

Presentadas as I Xornadas de Informática e Educación Física

Mércores 11 de abril do 2007

As xornadas desenvolveranse os días 10 e 11 de maio no Pazo da Cultura. O primeiro día terán lugar, a partir das 18,00 horas, un total de catro conferencias que versarán sobre a informática, concretamente sobre a introdución a Windows Vista, Protección de Datos e Seguridade, Software Libre e Implantación das Normas ISO. O segundo dos días versará sobre o ciclo de Educación Física, con outras catro charlas e unha mesa redonda como peche das xornadas. Nesta ocasión falarase da Oferta deportiva Pública, a Oferta Deportiva Privada, as Novas Titulacións de Natación e o Programa Formativo do Ciclo. A inscrición ás xornadas pódese facer no propio centro educativo ou no teléfono 981 756 808 até o 30 de abril. A partir dese intre a inscrición será libre. O director do IES Isidro Parga Pondal, Carlos Fernández, manifestou na presentación que "estes dous ciclos non están funcionando como deben e contamos cunha subvención da Xunta para poder levar a cabo un impulso no coñecemento de ambos. Temos que ser capaces de relanzar estes dous ciclos na comarca de Bergantiños, de aí a celebración destas xornadas". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que "nestes anos temos realizado avances importantísimos en materia educativa e a participación nestas xornadas fala dese compromiso do goberno. Apostamos pola colaboración cos centros, que non se ten que limitar a infraestructuras e servizos, senón tamén a mellorar a oferta educativa".

Compartir: