Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a celebración dun curso...

CONVOCATORIA

Carballo acolle a celebración dun curso básico de Protección Civil

Venres 13 de abril do 2007

Este sábado, 14 de abril, ábrese o curso cunha conferencia sobre Protección Civil a cargo de Francisco Javier Souto, de 10:00 a 13:00 horas. Pola tarde, Ricardo Sánchez falará dos riscos e accidentes, noutra clase a desenvolver de 16:00 a 19:00 horas. O curso continuará o sábado 21 de abril cunha xornada adicada aos primeiros auxilios, a cargo de Francisco de Prada Creo, cunha compoñente teórica, de 10:00 a 13:00 horas e outra práctica, de 15:00 a 18:00 horas. O sábado 28 terá lugar a última das xornadas do curso. Pola mañán Juan M. Barca falará dos incendios, de 9:00 a 12:00 horas, mentres que Antonio Pedreira profundizará nas comunicación, de 12:00 a 14:00 horas. Pola tarde, Juan M. Barca ofrecerá unha clase práctica sobre os incendios. Para a xornada do sábado 21 será necesario levar chándal ou roupa cómoda, mentres que o sábado 28 haberá que levar a roupa de faena, con botas, funda, guantes e casco.

Compartir: