MEDIO AMBIENTE
Escolares do CEIP Gándara-Sofán realizan unha saída a Razo e Baldaio
Luns 16 de abril do 2007
Trátase dun pequeno roteiro que ten como finalidade ver algunhas das características máis salientables que definen este tipo de ecosistemas costeiros e de marisma, así como a identificación de especies animais e vexetais que habitan estes lugares. Nestas visitas contaráse coa colaboración da Asociación de Mariscadoras Fonte de Santa Helena de Baldaio. Preténdese que os nenos e nenas adquiran coñenecementos do medio natural, da flora e a fauna que poden atopar neste espacio natural e desta maneira fomentar actitudes de responsabilidade e respecto co medio.