SERVIZOS
O Concello prosegue coa posta en valor do entorno da férveda de Entrecruces
Mércores 18 de abril do 2007
Esta actuación, realizada conxuntamente polas concellerías de Servizos e Mantemento e Medio Ambiente, pretende seguir coa posta en valor do patrimonio natural do concello. Recentemente, a Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo estivo a facer o afirmado do camino da férveda de Rus con zahorra, logo de proceder, con anterioridade, aos traballos de mellora do acceso.