Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o convenio para o cambio de...

DEPORTE

Asinado o convenio para o cambio de céspede do campo de fútbol de As Eiroas

Mércores 18 de abril do 2007

No acto de sinatura do convenio, ademáis de Ánxela Bugallo e Evencio Ferrero, estiveron presentes a delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, o presidente e o adestrador do Bergantiños e membros da corporación municipal de Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou no acto que "a sinatura deste convenio poñerá fin a o calamitoso estado que presenta o céspede de As Eiroas. Para nós era unha obriga dar resposta ás entidades deportivas de Carballo ante unha necesidade tan evidente". A Conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, engadiu que "existe unha razón fundamental para a sinatura deste convenio, que é a grande demanda para a utilización do campo de fútbol de As Eiroas. Esperemos que co cambio do céspede tamén cambio a sorte do Bergantiños". A visita de Ánxela Bugallo a Carballo foi aproveitada pola Conselleira para visitar a Biblioteca Municipal e, posteriormente, desprazarse a Berdillo para comprobar o estado das obras de execución do Local Social.

Compartir: