Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Teatro Colón acolle a entrega dos discos...

CULTURA

O Teatro Colón acolle a entrega dos discos gravados pola Banda Municipal e a Big Band de Carballo

Venres 20 de abril do 2007

O acto de entrega dos discos comezará coa actuación da Big Band do Conservatorio de Música Profesional de Carballo. No mesmo estarán presentes o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, o presidente da comisión de cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza Domínguez, e a presidenta da Fundación Paideia Galiza, Rosalía Mera Goyenechea. En representación do Concello de Carballo asistirá a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro Esmorís, o director da Big Band de Carballo, Miguel Suárez Barros, e o director da Banda municipal, Vicente Pérez Planells.

Compartir: