Inicio Carballo ao día Hemeroteca Teresa Táboas anunciou a licitación...

INDUSTRIA

Teresa Táboas anunciou a licitación da primeira fase do polígono industrial de Bértoa

Venres 20 de abril do 2007

No acto principal desenvolcido na tarde do xoves en Carballo, a inuguración do Escalo, tamén estiveron presentes o delegado provincial de Vivenda e Solo, Xoán Carlos Bascuas, o delegado provincial de Innovación e Industria e presidente de Xestur, José Luis Barcia, ademáis do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o artista Manuel Facal. A escultura conta cunha lonxitude de 13 metros e medio e pesa 3.200 quilos. Manuel Facal, como xa fixera coa escultura da rotonda da Ponte da Pedra, dona a súa obra ao Concello, tendo éste que facerse cargo tan so dos custes do material e a man de obra. O artista carballés fixo tres bocetos distintos e ao final, polo custe dos materiais, decantouse polo Escalo, que se fixo con material de desguace. Desde o pasado mes de outubro, Manel Facal comezou a organizar a obra nos talleres López, sitos no Polígono Industrial de Bértoa. En decembro realizáronse as soldaduras das pezas máis pequenas e fíxose un despiece da cola do peixe en autocad para recortar a escala. No mes de xaneiro empezaron a soldar as planchas de aceiro inoxidable que conforman a cola e, finalmente, procedeuse a urbanizar a rotonda para colocar a escultura na súa posición vertical final. O Escalo garda similitude coa escultura ubicada na rotonda de Ponte da Pedra, e pretende ser o símbolo de benvida e unha porta aberta á localidade.

Compartir: