Inicio Carballo ao día Hemeroteca As comisións informativas reúnense...

CONVOCATORIA

As comisións informativas reúnense na Casa do Concello

Luns 23 de abril do 2007

A comisión informativa de Acción Social, Participación e Persoal comezará ás 19,15 horas. Inclúese, na orde do día, a convocatoria de eleccións a membros do Consello Escolar Municipal, apoiar á Federación de Empresarios da Costa da morte para a erradicación da peaxe na autoestrada Carballo-Coruña, a aprobación de modelos de declaración sobre causas de incompatibilidade e actividades e declaración de bens patrimoniais e unha moción do grupo municipal do Partido Popular sobre as alegacións ao parque eólico de Pedrarrubia. A última das comisións a celebrar será a de Urbanismo e Desenvolvemento, ás 19,30 horas, que conta na orde do día co exercicio de accións e outorgamento para a representación en defensa do Concello de Carballo no recurso de casación contra a sentenza de 1 de marzo dictada no procedemento ordinario pola sección 2ª da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, información sobre os convenios urbanísticos do entorno da Igrexa Parroquial de Carballo e no ámbito do monte de Santa Lucía, información sobre a adquisición de terreos no entorno do río Anllóns e información sobre a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Compartir: