Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Observatorio Socieconómico de Carballo...

COMERCIO

O Observatorio Socieconómico de Carballo presentou os paneis de traballo para 2007

Luns 23 de abril do 2007

O panel de comercio exterior intentará achegar ás pequenas e medianas empresas os programas de apoio creados polas distintas institucións, de cara a facilitar a súa saída aos mercados exteriores, co obxectivo de dinamizar o interese pola actividade exterior. Neste caso, sería convinte contar con experiencias representativas de empresas para abrir un debate ao que se poda invitar como oíntes a empresas interesadas en exportación. A idea deste panel sería a de sentar a empresas que comentaran a súas experiencias en mercados exteriores de cara a que o auditorio presente, e o público ao que chegue o documento editado posteriormente como froito das ideas xurdidas no ámbito do panel, se vexa incitado e amparado no seu achegamento ao comercio exterior. No caso do panel sobre o sector da construcción, foi elixido dado o peso dentro da actividade económica da zona, moi superior á media galega e estatal e, especialmente, polo efecto arrastre sobre outra serie de sectores ou subsectores complementarios ao mesmo. Tamén sería convinte, neste caso, contar con experiencias representativas de empresas, co obxectivo de detectar, baseándose na experiencia dos integrantes da mesa, a evolución do sector, análise das obras ofertadas e demandadas, destino, cualificación da man de obra, fortalezas e debilidades do sector e experiencias futuras. En relación ao foro do Porto Exterior, o Observatorio Socioeconómico considera fundamental a información a institucións públicas e privadas, ao sistema empresarial e ao público en xeral de cal é o plan estratéxico da Autoridad Portuaria da Coruña de cara á explotación do Porto Exterior e as súas implicacións en canto ás demáis infraestructuras das que depende. Proponse, neste sentido, organizar unha charla exposición por parte do presidente da Autoridad Portuaria e varios técnicos da institución, de maneira que se explique de forma amplia esta evolución.

Compartir: