Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa ‘A Culturaeduca’ achega o teatro a 700...

CULTURA

O programa ‘A Culturaeduca’ achega o teatro a 700 alumnos e alumnas de Carballo

Martes 24 de abril do 2007

Quero ser grande é preestreada en Carballo coa intención de valorar a impresión no público xoven, polo que ao final da representación haberá un debate sobre a obra teatral. Ésta achegará ao público á delicada idade que vai da infancia á adolescencia, vista sen falsos didactismos nin discursos moralizantes. Un universo cheo de stress, música, malos entendidos cos pais e nais ou de cuestións estéticas como os piercing ou tatuaxes. Esta obra, integrada por diferentes sketches, pretende ofrecer unha visión cómica e áceda sobre a adolescencia.

Compartir: