Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta o proxecto TEMUNDE á...

ENERXÍA

O Concello presenta o proxecto TEMUNDE á veciñanza, técnicos e promotores

Martes 24 de abril do 2007

O proxecto TEMUNDE enmárcase dentro do programa europeo Concerto, que busca apoiar iniciativas locais con proxectos integrais de políticas de aforro e eficiencia enerxética. A Xunta de Galicia e a Diputación da Coruña manifestaron na presentación o compromiso de respaldar o proxecto ante a Unión Europea, ademais de sinalalo como un exemplo pioneiro e vangardista a reproducir noutros lugares. Carballo será o primeiro concello galego en incorporar as enerxías renovables en todos os seus ámbitos, a través do proxecto TEMUNDE. Os barrios da Milagrosa, Igrexario e A Casilla convertiranse nun parque temático sobre enerxías renovables e aforro enerxético, experiencia pioneira en toda Galicia.

Compartir: