OBRAS
O Concello traslada á Deputación provincial unha demanda para o arranxo da estrada a Sísamo
Martes 24 de abril do 2007
O alcalde de Carballo mantivo unha conversa co vicepresidente da Deputación provincial, Xaime Bello, ademáis de con técnicos do propio organismo provincial. De xeito informal, o rexedor local tamén deu constancia desta demanda ao presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda. Os técnicos adquiriron o compromiso de visitar en breve a zona e establecer unha prioridade para valorar a posible actuación neste ámbito.