CULTURA
Vagalume Animación realizará cinco actuacións nos locais sociais das parroquias
Mércores 25 de abril do 2007
O Concello de Carballo ofrece así ás asociacións culturais que o desexen a posibilidade de solicitar unha representación teatral dalgunha das obras que dito grupo ten en cartel, asumindo a asociación o cumprimento dos requisitos técnicos e o Concello o pago do grupo.
Semana do Libro e a Lectura
O Concello quere recordar que continúan as actividades da 2ª Semana do Libro e a Lectura, que permanecerá no Pazo da Cultura até o vindeiro sábado 28 de abril. A variada programación consta de obradoiros de plástica creativa, monicreques, e contacontos nos próximos días para nenos e colexios. Para profesores continúan os obradoiros, que hoxe mércores correrá a cargo de Armando Requeiro, mentras que o xoves contará con Antonio Reigosa e o seu obradoiro de escrita creativa. O xoves 26, as 18.00 h, haberá unha proposta de animación á lectura para as familias a cargo de Natacha Roibás. Finalmente, haberá tódolos días as 18.00h diversas actividades para o público, hoxe mércores con Raquel Méndez e os Contos de medo no mundo, e o xoves 26 con Pavís Pavós.