Inicio Carballo ao día Hemeroteca Uxía Casal continúa o ciclo...

CULTURA

Uxía Casal continúa o ciclo ‘Literactúa’ no Pub Silfo de Carballo

Mércores 25 de abril do 2007

Uxía Casal naceu en Santiago de Compostela en maio do 57, e alí viviu até os 27 anos. Licenciouse en Xeografía e Historia e en Filoloxía Hispánica na USC. Entre 1984 e 2003 traballou como profesora de Lingua Galega e Literatura, primeiro na Universidade Laboral e logo nun instituto de Ourense, cidade na atopou o seu espazo vital e literario. A partir de 2004 foi vivir a Nigrán e na actualidade reside en Ribeira. Na súa produción literaria podemos destacar obras como As ás de Xenoveva (2004). Tamén para lectores novos publicou Un ano de fábula en catro estacións (1994). Completan a súa produción títulos como O faro de Arealonga, Saturno tamén é Deus ou Sede en Ourense. Nos libros de autoría colectiva Narradoras e Longa lingua deu ao prelo os relatos "O pequeno Mario" e "A palabra de Deus".

Compartir: