Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro Coreográfico Galego abre o ciclo...

CULTURA

O Centro Coreográfico Galego abre o ciclo ‘Primavera en Danza’ cunha performance na praza do Concello

Xoves 26 de abril do 2007

Dentro das actividades complementarias do programa, o venres 27 e o sábado 28 terá lugar o encontro dos espectadores cos coreógrafos e directores para presentar e achegar a linguaxe de danza contemporánea ao público. O primeiro encontro terá lugar o venres 27 a cargo da coreógrafa Maruxa Salas do Centro coreográfico Galego e o sábado 28 será a directora e coreógrafa Dolores Mayán da compañía B.Studio. Estes encontros realizaránse no Pazo da Cultura a partir das 20.00h e os primeiros vinte inscritos nesta actividade terán dereito a unha invitación para asistir ao espectáculo. Para realizar a inscrición deberán poñerse en contacto no 981 704 300.
O ciclo Primavera en Danza está organizado polo Concello de Carballo e colaboran a Consellería de Cultura e deporte da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem) e a Rede de Teatros e Auditorios. Esta programación ofrece unha oportunidade única aos espectadores da comarca de asistir a espectáculos de danza contemporánea, unha oferta case inexistente no resto da comarca. O programa realízase xa por quinto ano consecutivo no Concello de Carballo, sendo o único programa estable na comarca deste tipo de danza. Primavera en Danza contará durante os días 27 e 28 de abril e 4 e 5 de maio coa presenza de tres compañías galegas e unha madrileña. Os bonos para asistir aos espectáculos están á venda no Pazo da Cultura de 11.00h a 14.00h, o prezo é de 11 euros para o bono normal e de 6€ para o bono reducido. As entradas pódense reservar no teléfono 981 704 300.

Compartir: