CONVOCATORIA
A corporación municipal reúnese en sesión plenaria extraordinaria
Venres 27 de abril do 2007
A sesión plenaria a celebrar mañán en Carballo inclúe tamén, na orde do día, o sorteo para a selección dos compoñentes das mesas electorais para as Elección Municipais que se celebrarán o vindeiro 27 de maio. Será temas a debatir, igualmente, a convocatoria de eleccións a membros do Consello Escolar Municipal, o apoio á Federación de Empresarios da Costa da morte para a erradicación da peaxe na autoestrada Carballo-Coruña, a aprobación de modelos de declaración sobre causas de incompatibilidade e actividades e declaración de bens patrimoniais e unha moción do grupo municipal do Partido Popular sobre as alegacións ao parque eólico de Pedrarrubia. A orde do día contempla tamén o exercicio de accións e outorgamento para a representación en defensa do Concello de Carballo no recurso de casación contra a sentenza de 1 de marzo dictada no procedemento ordinario pola sección 2ª da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e a aprobación definitiva do Orzamento Xeral do Concello de Carballo para 2007.