CULTURA
O programa de A Culturaeduca achega o teatro ao alumnado dos colexios de Carballo
Luns 30 de abril do 2007
Apareció é un sinxelo e suxerente espectáculo teatral dirixido aos máis pequenos, sen diálogos, acompañado de cancións e música en vivo interpretada con instrumentos de percusión artesanais. Teatro TYL TYL é un proxecto que naceu en 1984 orientado á creación artística para nenos e nenas, baseado na investigación constante e na reflexión sobre a infancia e a arte. Teñen unha sala de exhibición en Navalcarnero (Madrid).
Exposición
Tamén este mércores, 2 de maio, terá lugar, ás 20.30 horas na sala de exposicións do Pazo da Cultura, a inauguración da exposición Paseo pola arquitectura de Galicia, de Pedro Castro. A mostra está composta de 22 obras que retratan distintos detalles da arquitectura galega feitas en plumillas. A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de maio. Os interesados en solicitar máis información, deben dirixirse á Concellería de Cultura do Pazo da Cultura (981 704 300), ou no teléfono 610 296 058.