Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados dous novos expedientes de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobados dous novos expedientes de contratación de dúas obras en Carballo

Luns 30 de abril do 2007

A orde do día completouse coas certificacións primeiras das obras Rede de saneamento en Xoane, parroquia de Goiáns e Beirarrúas en Ardaña, ademais da solicitude de subvencións para cesión de vehículos de protección civil, financiamento de gastos derivados do funcionamento do servizo de protección civil en materia de xestión de riscos e xestión de emerxencias, financiamento dos investimentos derivados da creación, posta en funcionamento e desenvolvemento dos servizos municipais de protección civil e dos cursos de formación ocupacional relativos a electricista de edificacións e maquinista de confección industrial. A Xunta de Goberno Local adxudicou tamén subvencións a Asociacións de Pais e Nais de Alumnos das Escolas, Colexios e Institutos (ANPAS) para 2007, viaxes escolares para 2007, realización de cabalgatas de Reis 2007 e agrupacións musicais. Por último, adxudicáronse tamén seis vaos permanentes nas rúas Gran Vía, Avda. do Ambulatorio, Río Deza, Uruguai, Mahón e Vila de Noia.

Compartir: