Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pazo da Cultura acolle a inauguración...

CULTURA

O Pazo da Cultura acolle a inauguración dunha exposición de Pedro Castro

Mércores 2 de maio do 2007

A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de maio. Os interesados en solicitar máis información, deben dirixirse á Concellería de Cultura do Pazo da Cultura (981 704 300), ou no teléfono 610 296 058.

Teatro

Tamén este mércores 2 de maio e o xoves 3 de maio continúa a programación de A Culturaeduca con Teatro Escolar. A pretensión é a de achegar o teatro ao alumnado dos colexios de Carballo e ofrecerlle aos centros educativos un recurso educativo máis. Nesta ocasión, os alumnos de 2º ciclo de Educación Infantil asistirán ás representacións da obra Apareció, da compañía madrileña TYL TYL Teatro, que terán lugar no Pazo da Cultura ás 10.00 e ás 11.30 horas.

Compartir: