Inicio Carballo ao día Hemeroteca Música, teatro e lectura conforman o eixo...

CULTURA

Música, teatro e lectura conforman o eixo central do programa das Letras Galegas

Luns 7 de maio do 2007

Ademais, o día 17 de maio procederase á entrega de galardóns do III Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, ás 19,00 horas no Xardín Municipal, haberá un concerto da Banda Municipal de Carballo no Pazo da Cultura, a partir das 20,00 horas, e pechará a xornada a exposición de fotografías Recordos de Carballo, no Casino a partir tamén das 20,00 horas. O programa das Letras desenvolverase durante todo o mes con outro tipo de actuacións como un recital dramatizado a cargo de Brais Fernández sobre María Mariño, o día 11 no Pazo da Cultura, o Festival das Letras Galegas o día 16 no CEIP Bergantiños, un concerto poético coa participación de Lino Braxe, o día 18 no Pazo da Cultura, os encontros culturais Arume o día 20, un concerto de música gospel o día 26 no Pazo da Cultura, ou as presentacións dos libros Palabras contadas de Camilo Franco e Home sen nome, de Suso de Toro.

Novas tecnoloxías

O día das Letras Galegas coincide, ademais, coa celebración do día da Tecnoloxía, polo que o Concello de Carballo, a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, tamén organizou diferentes actividades a desenvolver durante este mes de maio. Así, poranse en marcha dous blogs par xente nova e maiores durante este mes. Baixo o nome de En-blogad@s con Carballo, os menores de 18 anos poderán achegar a súa opinión sobre Carballo nun lugar onde expresar as súas, ideas, visións, inquedanzas. O horario para o mesmo é os martes e xoves, de 18,00 a 20,00 horas na Aula de Informática. O outro dos espazos creados é o que leva por nome Cóntame lembranzas de Carballo, onde os maiores de 60 anos poderán contar e ensinar as súas experiencias. Esta actividade celebrarase na Aula de Informática os mércores e venres, de 10,00 a 12,00 horas.

Compartir: