Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello aposta por unha administración...

NOVAS TECNOLOXÍAS

O Concello aposta por unha administración dixital con Carballo Porta Aberta

Luns 7 de maio do 2007

A través de Carballo Porta Aberta, a cidadanía poderá consultar os seus recibos, expedientes e movimentos do rexistro de entrada e saída, presentar as solicitudes de subvencións, certificacións, queixas, de empradroamento, etc., obter documentos como volantes de empadroamento, duplicados de recibos, etc., ou pagar impostos online. Os cen primeiros que se den de alta no servizo, desde o 4 de xuño (inclusive) recibirán un Pendrive de 1Gb e, entre todos aqueles que se den de alta no mes de xuño, sortearase unha PDA Phone HTC P3600 (ou modelo similar), para poder acceder ó Concello Online desde onde se queira (non inclúe a alta no servizo movil). O sorteo farase no mes de xullo e a cada usuario se lle asignará o seu número de solicitude. O persoal do Concello de Carballo non poderá participar nesta promoción. Esta páxina web xa dispón dun acceso directo a Carballo Porta Aberta, na marxe superior dereita. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou na presentación que "inclúese un número importante de trámites que se podan facer, un total de trinta, máis que os de outros Concellos máis importantes que o noso e que foron menos pretenciosos. Por aquí vai a ir a administración do futuro".

Compartir: