CULTURA
O programa A Culturaeduca achega unha nova exposición ao Pazo da Cultura
Mércores 9 de maio do 2007
A mostra será visitada o vindeiro xoves, ás 16.40 horas, polo alumnado do I.E.S. Isidro Parga Pondal. O público xeral poderá visitar esta exposición de 18.00 a 21.00 horas até o 20 de maio.
Teatro
Ademais, ven de rematar a programación de Teatro Escolar que se desenvolveu entre os meses de marzo, abril e maio dentro do programa A Culturaeduca. A compañía coruñesa San&San puxo en escea Concerto Bífido, un espectáculo dirixido ao primeiro ciclo de educación secundaria dos centros de Carballo. As representacións tiveron lugar no Pazo da Cultura. Concerto Bífido é un espectáculo de teatro de xénero cómico composto por sketches sobre a música interpretado en clave de clown xestual. Dous presentadores dun importantísimo concerto de música clásica que tiña previsto levarse a cabo. Pero todo muda cando teñen que suplir á orquestra que non comparece no concerto debido a un erro.