ENSINO
O Pazo da Cultura acolle a presentación das I Xornadas de Informática e Educación Física
Mércores 9 de maio do 2007
O primeiro día terán lugar, a partir das 18,00 horas, un total de catro conferencias que versarán sobre a informática, concretamente sobre a introdución a Windows Vista, Protección de Datos e Seguridade, Software Libre e Implantación das Normas ISO. O segundo dos días versará sobre o ciclo de Educación Física, con outras catro charlas e unha mesa redonda como peche das xornadas. Nesta ocasión falarase da Oferta deportiva Pública, a Oferta Deportiva Privada, as Novas Titulacións de Natación e o Programa Formativo do Ciclo.