Inicio Carballo ao día Hemeroteca Brais Fernández abrirá os actos...

CULTURA

Brais Fernández abrirá os actos centrais do Programa das Letras cun recital dramatizado

Xoves 10 de maio do 2007

O recital dramatizado de Brais Fernández será a punta de lanza dunha semana, a próxima, que centrará a maior parte das actividades do Programa das Letras. O propio día da festividade, o 17 de maio, o Concello de Carballo volverá a desenvolver o maratón de lectura Oito horas lendo, no Xardín Municipal de 11,30 a 19,00 horas. Os interesados en participar do mesmo poden inscribirse no Pazo da Cultura ou no número de teléfono 981 704 300. O maratón contará coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e sucederá ao tamén tradicional Concurso Infantil de Pintura, a desenvolver na Praza do Concello a partir das 11,00 horas. Ademais, ese mesmo día procederase á entrega de galardóns do III Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, ás 19,00 horas no Xardín Municipal, haberá un concerto da Banda Municipal de Carballo no Pazo da Cultura, a partir das 20,00 horas, e pechará a xornada a exposición de fotografías Recordos de Carballo, no Casino a partir tamén das 20,00 horas. A vindeira semana inclúe tamén a realización do Festival das Letras Galegas o día 16 no CEIP Bergantiños, un concerto poético coa participación de Lino Braxe, o día 18 no Pazo da Cultura, e os encontros culturais Arume o día 20.

Compartir: