Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello expuxo ante Industria a súa...

INDUSTRIA

O Concello expuxo ante Industria a súa oposición ao parque eólico de Pedrarrubia

Xoves 10 de maio do 2007

O seguinte paso que dará o Concello será o de tramitar diante da dirección xeral de Montes unha nova entrevista, xa que este organismo é un dos que ten que emitir ese informe. Na xuntanza de hoxe, o alcalde de Carballo deu conta das observacións ao proxecto do arquitecto municipal, consideradas como alegacións, e nas que se pon de manifesto que a superficie afectada polo parque de 648 hectáreas semella demasiado extensa en comparación coas zonas que van a ocupar os tres grupos de aeroxeneradores que se recollen no proxecto. Ademais, alúdese a que dentro do ámbito quedarán englobados dous grupo de vivendas, así como a zona de equipamento do campo de motocross, sen establecer o proxecto ningunha medida cautelar a este respecto. Outra das observacións que recolle o informe é que a modificación de todo o ámbito do parque para clasificar o solo como Rústico de especial protección de infraestructuras supón deixar todo o ámbito afectado destinado case que en exclusiva para a instalación de xeneradores, sen que se aprecie con claridade a existencia dalgunha limitación, coa repercusión paixasística e medioambiental que elo pode supor. O informe tamén recolle que a proposta de ordenanza é moi xenérica e un tanto confusa e que no ámbito localizáronse tres túmulos megalíticos que cumpre inventariar e incorporar ao Catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Compartir: