LITORAL
O director xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente visitou o litoral de Baldaio
Luns 14 de maio do 2007
José Fernández Pérez escoitou, igualmente, as demandas e necesidades que lle trasladou o goberno local, como a ampliación de aparcamentos na zona, así como as explicacións dos servizos que presta o litoral á cidadanía. José Fernández mostrouse sorprendido por esta circunstancia, máis concretamente no que fai referencia as pantallas táctiles situadas no litoral, e que ofrecen todo tipo de información aos usuarios. Igualmente, comentáronselle as actuacións máis inmediatas a desenvolver na zona, como o remate dunha barandilla de protección na zona das comportas ou a retirada dunha caseta próxima á base de Protección Civil. En estudio quedará, por certo, a posibilidade de suministrar enerxía á base a través de paneis solares. As mariscadoras de Baldaio tamén mostraron a súa satisfacción polas melloras realizas na zona. A inversión desenvolvida na recuperación do litoral carballés ascense aos dous millóns de euros.