Inicio Carballo ao día Hemeroteca CarballoeSMáS abre a porta á...

NOVAS TECNOLOXÍAS

CarballoeSMáS abre a porta á comunicación da cidadanía e a administración a través de mensaxes curtas

Luns 14 de maio do 2007

Entre o acceso a información administrativa o concello lanzará desde 0 4 de xuño os seguintes servizos, que pouco a pouco irá ampliando: comunicación da concesión/denegación de licenzas, comunicación dos datos de participación e resultados electorais municipais, onde aquelas persoas que se den de alta no servicio recibirán información sobre o índice de participación ás 14.00, as 18.00 e os resultados co escrutinio entre o 60-80% e o escrutinio ó 100% (resultados definitivos), e comunicación das actividades culturais. O Concello dispón do número 981090070, co que se poñerá en contacto coa cidadanía e viceversa. Todas as mensaxes enviadas e recibidas quedan almacenadas na web de control, dende a que se contestarán as mensaxes recibidas. O custo do mensaxe que envía o cidadán terá a tarifa que teña no contrato co seu operador de telefonía móbil (aproximadamente uns 0.13 euros). O alcalde de Carballo, Evencio Ferero, manifestou na presentación deste novo servizo que "en este avence que lle estamos a dar ás novas tecnoloxías é preciso salientar este novo impulso, co que queremos que Carballo siga sendo vangarda das novas teconoloxías".

Compartir: