Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle a fase final intercomarcal...

DEPORTE

Carballo acolle a fase final intercomarcal benxamín de Deporte en Idade Escolar

Martes 15 de maio do 2007

Os equipos clasificados para esta fase, na categoría de baloncesto, son o Colexio Liceo La Paz (A Coruña), o Colexio Santa María del Mar (A Coruña), o Club Básquet Coruña (A Coruña) e o Colexio Artai (Carballo). Na categoría de fúbol sala participarán o Club del Mar de San Amaro (A Coruña), o Breixo Lema SD "A" (Cambre), o CEIP Bergantiños (Carballo) e o Concello de Cabana "A" (Cabana). En voleibol participarán o Colexio Liceo La Paz (A Coruña), Calasancias "B" (A Coruña), o CEIP Gándara-Sofán (Carballo) e o CEIP Bergantiños (Carballo). As inscricións realizaranse utilizando as follas que se inclúen na normativa e deberán enviarse ao Servizo de Deporte de A Coruña por correo electrónico deportes.coruna@xunta.es ou por fax (981 132 527) antes das 14:00 horas do 16 de maio de 2007. Os equipos deberán presentar nos partidos a Folla de inscrición do Campionato Intercomarcal e o Certificado de inscrición da Competición deportiva en idade escolar que facilita o programa informático na páxina de Internet Deporte Escolar Galego, no que consta o número de identificador dos/as deportistas, adestradores/as e delegados/as.

Compartir: