CARBALLO LIMPO
O Concello pon a disposición dos comercios colectores para a recollida de pilas usadas
Martes 15 de maio do 2007
O Concello de Carballo pretende, con esta nova iniciativa, facilitar á veciñanza a recollida das pilas na maior parte dos establecementos públicos da localidade, e evitar así que se dispoña de poucos puntos de referencia para a súa reciclaxe tratándose dun elemento tan cotiá coma a pila. Trátase dun paso máis na recollida específica do lixo dentro da campaña Carballo Limpo, para fomentar a reciclaxe e recollida do lixo nas súas distintas categorías.