DEPORTE
A selección española de balonmán feminino xogará un partido de preparación en Carballo
Mércores 16 de maio do 2007
Está por confirmar que a selección portuguesa poda facer algún dos seus adestramentos en Carballo. O evento será presentado a vindeira semana ante os medios de comunicación, estando prevista a comparecencia dalgunha xogadora do combinado nacional. A organización doevento corre a cargo do Padroado Deportivo Municipal de Carballo e colabora a Federación Galega de Balonmán e as Escolas de Balonmán XIRIA de Carballo. Logo de disputar este partido en Carballo, ambas seleccións repetirán na localidade de Lalín o sábado día 26, a partir das 18,30 horas.